xoves, 3 de novembro de 2016

A NUBE DAS LETRAS

     O alumnado de educación infantil e de primeiro de primaria realizamos a NUBE DAS LETRAS. Posteriormente, situámola sobre a estantería que hai na entrada e na que están colocados os libros de lectura que máis uso lles damos. Desta maneira, a choiva de letras, fai que se conformen todos os libros.

     Botádelle unha ollada á seguinte imaxe: 

ANALIZAMOS AS TEXTURAS!

      As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, empregamos a hora semanal de Plástica para coñecer as diversas texturas naturais que nos rodean. Así que saímos ao patio e pintamos as texturas que quixemos... Observamos que hai moitas plantas que non coñecemos, polo que iniciaremos un traballo de investigación. Máis adiante vos contaremos o que fixemos!

     Nas dúas imaxes que podedes ver a continuación, obsérvase o proceso que realizamos en Plástica!

FIXEMOS MARMELO!

No día de onte fixemos  marmelo. Os froitos foron collidos da árbore que temos no patio. A ver como sabe!

XUNTANZA O INCIO - SAMOS

       Este ano, ao colexio do Incio, tocounos recibir aos nenos e nenas do colexio de Samos e aos seus mestres. Aproveitamos ese día para celebrar o noso SAMAÍN e o noso MAGOSTO particulares. Pasámolo en grande!
 
     Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo, e así poderedes ver dun xeito resumido todo o que fixemos durante o pasado venres 28 de outubro: vídeo da xuntanza con Samos.

OFICINA DA CORRESPONDENCIA

     A continuación, amosámosvos unha oficina que xorde no colexio do Incio: A OFICINA DE CORRESPONDENCIA. Nela, os nenos, nenas, mestres, mestras e incluso os pais e nais, poderedes participar escribindo cartas ou ben enviando obxectos, vídeos... Ten a finalidade de desenvolver diversas competencias a partires do interese e da motivación dos nenos e nenas.
     
No vídeo que máis abaixo se expón, vese a funcionalidade que se lle pode sacar a esta Oficina, que de seguro que dará moito xogo neste colexio. Deixámosvos o enlace de dito vídeo: pincha neste enlace e verás o vídeo.

OBRADOIRO OUTONAL

     Outra actividade complementaria máis e, desta vez, realizamos un OBRADOIRO OUTONAL. Primeiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos centros de mesa para o día que viñeron os de Samos e logo, todo o colexio, realizamos un tallado de cabazas inspiradas no Samaín.

     Aí vos deixamos un vídeo onde poderedes ver todo o proceso seguido. Disfrutádeo!