xoves, 3 de novembro de 2016

A NUBE DAS LETRAS

     O alumnado de educación infantil e de primeiro de primaria realizamos a NUBE DAS LETRAS. Posteriormente, situámola sobre a estantería que hai na entrada e na que están colocados os libros de lectura que máis uso lles damos. Desta maneira, a choiva de letras, fai que se conformen todos os libros.

     Botádelle unha ollada á seguinte imaxe: 


ANALIZAMOS AS TEXTURAS!

      As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, empregamos a hora semanal de Plástica para coñecer as diversas texturas naturais que nos rodean. Así que saímos ao patio e pintamos as texturas que quixemos... Observamos que hai moitas plantas que non coñecemos, polo que iniciaremos un traballo de investigación. Máis adiante vos contaremos o que fixemos!

     Nas dúas imaxes que podedes ver a continuación, obsérvase o proceso que realizamos en Plástica!


FIXEMOS MARMELO!

No día de onte fixemos  marmelo. Os froitos foron collidos da árbore que temos no patio. A ver como sabe!



XUNTANZA O INCIO - SAMOS

       Este ano, ao colexio do Incio, tocounos recibir aos nenos e nenas do colexio de Samos e aos seus mestres. Aproveitamos ese día para celebrar o noso SAMAÍN e o noso MAGOSTO particulares. Pasámolo en grande!
 
     Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo, e así poderedes ver dun xeito resumido todo o que fixemos durante o pasado venres 28 de outubro: vídeo da xuntanza con Samos.

OFICINA DA CORRESPONDENCIA

     A continuación, amosámosvos unha oficina que xorde no colexio do Incio: A OFICINA DE CORRESPONDENCIA. Nela, os nenos, nenas, mestres, mestras e incluso os pais e nais, poderedes participar escribindo cartas ou ben enviando obxectos, vídeos... Ten a finalidade de desenvolver diversas competencias a partires do interese e da motivación dos nenos e nenas.
     
No vídeo que máis abaixo se expón, vese a funcionalidade que se lle pode sacar a esta Oficina, que de seguro que dará moito xogo neste colexio. Deixámosvos o enlace de dito vídeo: pincha neste enlace e verás o vídeo.

OFICINA DA CORRESPONDENCIA

     A continuación, amosámosvos unha oficina que xorde no colexio do Incio: A OFICINA DE CORRESPONDENCIA. Nela, os nenos, nenas, mestres, mestras e incluso os pais e nais, poderedes participar escribindo cartas ou ben enviando obxectos, vídeos... Ten a finalidade de desenvolver diversas competencias a partires do interese e da motivación dos nenos e nenas.
     
No vídeo que máis abaixo se expón, vese a funcionalidade que se lle pode sacar a esta Oficina, que de seguro que dará moito xogo neste colexio. Deixámosvos o enlace de dito vídeo: pincha neste enlace e verás o vídeo.

OBRADOIRO OUTONAL

     Outra actividade complementaria máis e, desta vez, realizamos un OBRADOIRO OUTONAL. Primeiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos centros de mesa para o día que viñeron os de Samos e logo, todo o colexio, realizamos un tallado de cabazas inspiradas no Samaín.

     Aí vos deixamos un vídeo onde poderedes ver todo o proceso seguido. Disfrutádeo!

luns, 17 de outubro de 2016

PARTICIPAMOS NUN CONCURSO DE DEBUXOS DE LEGUMES


Os máis pequenos do colexio realizamos na materia de Plástica diversos debuxos que empregamos para presentar a un concurso de Pontevedra. Se queredes botarlles un vistazo, pinchade no seguinte enlace:


A CASTRA DO MEL...

Despois de moito tempo facéndoa, este ano non ía ser menos, así que o mércores, 5 de outubro, puxémonos mans á obra e realizamos a castra do mel.

Algúns repasamos o proceso de anos anteriores, outros aprendémolos, posto que é o primeiro ano no cole. Sempre cun obxectivo claro: disfrutar aprendendo!

A continuación, sinalamos o enlace a través do cal podedes acceder para ver o que deu de si ese día. Adiante!


Saímos tamén en distintos medios de comunicación, como foi na prensa e na radio, aí van tamén os distintos enlaces nos que nos podedes ler e oir:



  • La Voz de Galicia: noticia da castra do mel
  • Onda Cero Monforte de Lemos: dende 1:01:21 ata 1:08:23
  • Radio Principal- Cadena Serentrevista con Sara, Noa e Dana