sábado, 24 de xuño de 2017

Pincha se queres ver as paisaxes galegas por zonas (Estratexia Paisaxe Galega)


http://cmaot.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-web/Documentos_DXSP/Paisaxe/Revision_area_mapas_comarcas_20_03_2012.pdf

Segundo este mapa, as paisaxes galegas distribuiríanse así dadas as características e semellanzas ou diferenzas entre zonas. Deste xeito, sería máis doado o coñecemento da zona e polo tanto, do seu coidado e tratamento ambiental.

mércores, 1 de febreiro de 2017

CÓMO IMOS?

Pintando a chacra que vimos no vídeo
Decorando as fotos do proceso do marmelo para poñerlles un marco deseñado por nós
As patacas do Perú xa comezan a nacer no mes de decembro! No invernadoiro, claro!
As fotos do proceso do marmelo (saímos facendo marmelo nelas) xa enmarcadas cos nosos deseños

xoves, 5 de xaneiro de 2017

13. A NOSA CANCIÓN: VERDE DAQUÍ E DACOLÁ

Sobre a melodía pentatónica que creemos, tamén inventaremos unha letra que resuma este proxecto. Logo, practicaremos e gravaremos tamén. Cando teñamos a nosa creación, compartirémola neste blog.

12. ESCALAS PENTATÓNICAS

Na materia de música veremos que son as escalas pentatónicas e como sonan segundo as notas que levan:

 


  1. Crea cun xilófono as túas propias melodías pentatónicas e escríbeas na túa libreta para gardalas.
  2. Improvisaremos con instrumentos de placas na escala pentatónica de Do e de La.
  3. Escoita a escala pentatónica andina






11. BAILE FOLCLÓRICO

Veremos o vídeo da danza peruana: Carnaval Arequipeño, presentado pola nosa alumna Sara, e fixarémosnos na coreografía, nos traxes, e repasaremos as partes do traxe galego, xa dadas.






Bailaremos todos unha danza galega e logo imitaremos o baile do vídeo xa visto, pero sobre esta melodía:




10. EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS

Na materia de música montaremos unha exposición temporal de instrumentos tradicionais con etiquetas nas que se clasifiquen segundo a súa procedencia e tipoloxía (vento, corda...).

Logo, cada un na súa casa, buscará información sobre instrumentos tradicionais galegos, ou peruanos, e exporá as súas pesquisas na aula.

Interpretaremos unha melodía simple na frauta doce e intentarémolo na frauta de pan.




9. O CICLO DA AUGA

Aproveitaremos para traballar o ciclo da auga e cos máis pequenos do cole, tamén os estados da auga. Para ir abrindo a actividade, poñeremos o seguinte vídeo:




Os peques realizarán en plástica un debuxo do ciclo da auga empregando algodón para as nubes, papel de seda para a auga en estado líquido e tamén témera sólida para completar os detalles.

Logo, en valores sociais, realizaremos un experimento cunha bolsa con auga que pegaremos na ventá para ir comprobando como a auga se evapora, se condensa e volve ao estado líquido. Máis ou menos así: